Areeiro asesorará a unha empresa coruñesa para producir o primeiro té ecolóxico de Europa

Pontevedra
10 de outubro 2014

En Pontevedra hai unha plantación experimental de Camellia Sinensis con produccións anuais importantes dun Té de moi boa calidade

Plantación de Camellia Sinensis
Plantación de Camellia Sinensis

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro, dependente da Deputación de Pontevedra, investigará e asesorará á empresa coruñesa Orballo, para unha plantación adicada á producción de Té nunha finca de 15.000 metros cadrados.

A Deputación e a empresa asinaron este venres un convenio polo que Areeiro asesorá a esta empresa e lle suministrará 10.000 plantas deste tipo de Camelia Sinensis nos cinco anos de duración do convenio. O prezo da planta oscilará entre os 0,80 euros a unidade e os 0,50 según o tipo de camelia. Asemesmo, asesorará a realización das plantacións e realizará un seguimento do cultivo e do estado fitosanitario das plantas.

Esta variedade da camelia é a especie máis importante do mundo e cultívase en moitos países para aproveitar as súas follas para a preparación do té.

Areeiro tén unha plantación experimental de Camellia Sinensis con produccións anuais importantes dun té de moi boa calidade.

A empresa Orballo radícase no concello de Paderne (A Coruña) e adícase á producción e envasado de produtos ecolóxicos. Actualmente produce especies e plantas aromáticas ecolóxicas e "ecoarroces" á carta. Segundo explicou o seu director, Gerardo Lagares, agora inicia unha nova liña de negocio centrada en Tés de orixe 100% galego. Plantará nunha parcela de 15.000 metros cadrados e prevé comercializar o primeiro Té Galego a mediados do ano 2016. Ese sería o primeiro té Ecolóxico de Europa.

Actualmente, o té que se consume en España (1,6 tazas por persona) é de importación. O 89% da superficie cultivada de té no mundo atópase no sudeste de Asia. China cultiva 1,4 millóns de hectáreas e produce 1,6 millóns de toneladas. India tén 600.000 hectáreas e produce 966.000 toneladas. En Europa só ten pequenas plantacións nas Azores e Italia. Europa importa para consumo da India, sobre todo.