As arquitectas galegas reivindícanse no Grove: "Somos máis pero iso segue sen reflectirse na rúa"

O Salnés
19 de xuño 2026

A xornada, que tivo como escenario El Náutico de San Vicente, contou coa intervención de arquitectas de diferentes xeracións e perfís, entre elas proxectistas e urbanistas

Maria Pierres e Teresa Táboas no encontro Atlantia
Maria Pierres e Teresa Táboas no encontro Atlantia / PontevedraViva

Máis de duascentas persoas reuníronse este xoves no Grove para participar no festival Atlantía, organizado polo Colexio de Arquitectos de Galicia e que analizou o papel das mulleres arquitectas no presente e futuro da arquitectura.

A xornada, que tivo como escenario El Náutico de San Vicente, contou coa intervención de arquitectas de diferentes xeracións e perfís, entre elas proyectistas, urbanistas ou mesmo músicas, ilustradoras ou divulgadoras.

"A día de hoxe son máis as compañeiras arquitectas que se están formando nas escolas de arquitectura, pero aínda seguimos sen ver como iso se reflicte na rúa, en traballos de arquitectura por parte das mulleres", destacou a arquitecta María Pierres.

Para Pierres, responsable da comisión de igualdade do COAG, xornadas como estas deben ser como un "impulso" para pór ás mulleres arquitectas "no lugar que se merecen".

Tamén El Naútico, como lugar escollido para o evento, ten un simbolismo particular, xa que Eulalia Urcola, a avoa do seu propietario, Miguel de la Cierva, foi unha do tres primeiras estudantes de arquitectura de España.

Outra curiosidade que destacou centrouse no propio edificio de El Naútico, que antigamente era unha nave de salgadura na que maioritariamente traballaban mulleres.

Entre as conferenciantes estivo, entre outras, a arquitecta pontevedresa Teresa Táboas, que manifestou que "todas e todos estamos afectados pola arquitectura e debemos involucrarnos politicamente para estar dentro do debate".

Marta Núñez, arquitecta municipal de Vilanova, pola súa banda, explicou que, a pesar de estar ao servizo da cidadanía, "en moitas ocasións somos invisibles" e avogou porque "é posible a axilización real das licenzas".

A elas sumouse a arquitecta e ilustradora Lara Lars; a estudante Antía Pinal, gañadora de 'La Voz', que amenizou a velada coa súa música; a arquitecta paisaxista Isabel Aguirre ou a arquitecta toledana Natalia Mora, triplo premio de arquitectura na súa rexión.

Antia Pinal, estudante de Arquitectura e gañadora de 'La Voz' en Atlantía
Antia Pinal, estudante de Arquitectura e gañadora de 'La Voz' en AtlantiaPontevedraViva