Arrancan as obras para cambiar o céspede do Campo de fútbol de San Pedro

Marín
13 de abril 2021

O proxecto que se inicia supón a instalación de porterías pregables de fútbol 7, a mellora da rede de rega e a demolición da bancada descuberta para que este espazo sexa empregado no prequecemento dos deportistas

Inicio das obras de reforma do céspede do Campo de fútbol de San Pedro
Inicio das obras de reforma do céspede do Campo de fútbol de San Pedro / Concello de Marín

Prace Servizos e Obras é a empresa adxudicataria que, por 405.230 euros, realizará unha reforma das instalacións do Estadio de San Pedro durante un período de catro meses. Este martes, os concelleiros Antonio Traba e Antonio Caíña acudía ata o espazo deportivo para coordinar o inicio destes traballos que supoñerán un cambio do céspede, que pasará a ser de herba sintética de última xeración cun lastrado con area de caucho e  sílice.

Pero a obra tamén contempla cambios no equipamento, a novidade principal céntrase nas porterías de fútbol 7, que agora serán pregables, coa recollida na varanda que  roderará o campo de xogo.

O céspede  sera instalado sobre a base de asfalto, unha vez que se execute a nivelación do terreo. Tamén está prevista a mellora da rede de rega con novos canóns de aspersión de auga emerxentes.

Derrubarase unha bancada descuberta, un espazo que pasará a ser parte do céspede. Este terreo converterase nunha zona de  precalentamiento para as diferentes modalidades deportivas, segundo informan desde o Concello de Marín. O muro existente nesa mesma zona demolerase para construír outro de formigón armado.