Arrancan as obras para converter o Gran Garaxe nunha tenda Mango

Pontevedra
01 de outubro 2016

Tras obter o pasado 12 de setembro a correspondente licenza municipal comezou unha reforma que obriga a manter a fachada do Gran Garaxe, xa que está catalogada no inventario de patrimonio histórico-artístico, polo que Patrimonio impuxo a súa conservación

Gran Garaxe
Gran Garaxe / PontevedraViva

Coa demolición do espazo interior esta semana arrancaron as obras de construción da nova tenda de Mango na rúa Benito Corbal, duns 900 metros cadrados de superficie.

Tras obter o pasado 12 de setembro a correspondente licenza municipal comezou unha reforma que obriga a manter a fachada do Gran Garaxe, xa que está catalogada no inventario de patrimonio histórico-artístico, polo que Patrimonio impuxo a súa conservación.

A cuberta do edificio xa fora demolida con anterioridade, unha actuación que a promotora acometeu sen permiso municipal, polo que Urbanismo abriu un expediente e paralizou a obra.

O prazo máximo previsto para esta reforma é dun ano.