Nas últimas horas concluíron dúas actuacións de arranxo de camiños no municipio de Marín.
Unha delas en Seixo, no camiño coñecido como do Barrio que comunica a Avenida do Doutor Otero Ulloa coa zona da Brea, un camiño demandado polos veciños que facilita e mellora os accesos entre estas dúas zonas da parroquia.
A outra actuación xa finalizada localízase na zona de Xuncal en Ardán cuxo asfaltado e limpeza esta xa finalizado.
Este programa está a chegar á súa fin. Aquelas outras melloras que queden pendentes formarán parte dun próximo plan de bacheo e asfaltado.