As aguas dos dous mananciais termais de Ponte Caldelas superan os 32 graos

Ponte Caldelas
05 de novembro 2022

Xa está a exposición pública a solicitude de declaración de termalidade das augas dos mananciais identificados como Daniela I e Daniela II, situados nos terreos do antigo balneario, que desde o ano 2017 son propiedade do Concello de Ponte Caldelas.

Andrés Díaz coas aguas dos mananciais termais de Ponte Caldelas
Andrés Díaz coas aguas dos mananciais termais de Ponte Caldelas /

Novo paso no obxectivo de que Ponte Caldelas poida contar o antes posible cunha estación termal que herde a tradición que sempre tivo o municipio como área de balneario.

Xa está a exposición pública a solicitude de declaración de termalidade das augas dos mananciais identificados como Daniela I e Daniela II, situados nos terreos do antigo balneario, que desde o ano 2017 son propiedade do Concello de Ponte Caldelas. 

Os dous mananciais de augas termais están ubicados na marxe dereita do río Verdugo e as augas manan a unha temperatura de 34 na captación Daniela II e a 32 grados en Daniela I.

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, recalca a importancia de avanzar neste proxecto que devolverá á vila "o prestixio termal que nunca debeu perder". 

Recoñece o rexedor que os trámites "son longos e lentos", pero asegura que o seu "empeño" é impulsar o proxecto da estación termal "e non vou parar ata conseguilo".

"As 'caldas' da nosa terra son un prestixio e un privilexio que debemos valorar e do que, como pobo, nos debemos sentir moi orgullosos", explica o alcalde.

O goberno municipal, de xeito paralelo á tramitación das augas, segue a traballar para conseguir a financiación necesaria para construír a estación termal, apostando por un edificio "modesto, eficiente, sostible e integrado co entorno do río Verdugo".