As aves da ría de Pontevedra, máis preto dos escolares

Pontevedra
23 de novembro 2014

O colexio Sagrado Corazón de Praceres en Lourizán organizou unha xornada de observación e identificación de aves mariñas para coñecer as abundantes especies que se atopan cando baixa a marea na ría

Aves na ría de Pontevedra
Aves na ría de Pontevedra / Colexio Sagrado Corazón de Praceres

Máis de corenta nenos e adultos participaron durante a xornada do sábado a unha actividade organizada polo colexio Sagrado Corazón de Praceres en Lourizán coa finalidade de observar e identificar as aves mariñas da contorna.

O ornitólogo Víctor Cabaleiro e o biólogo Rodrigo Fernández foron os encargados de guiar e explicar ao grupo de interesados as abundantes especies que se poden observar na ría pontevedresa, sobre todo, cando baixa a marea.

Tras a observación, os participantes puideron ver tamén un vídeo explicativo sobre a gran variedade de aves que sobrevoan oconcello pontevedrés.

Trátase da terceira edición desta xornada de observación e, con motivo do éxito da convocatoria, a organización está a estudar preparar unha cuarta.