As axudas para computadores suman 1.610 solicitudes un día antes de pechar o prazo

Pontevedra
18 de maio 2021

Este luns saen publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra ( BOPP) as axudas para a compra de computadores portátiles e de sobremesa para o alumnado (menor de 18 anos) de colexios e institutos do concello da capital. As solicitudes comezarán este martes 20 de abril e prolongarase o prazo ata o 19 de maio.

Ordenador
Ordenador / Kalamazoo Public Library

A portavoz municipal, Anabel Gulías, informou este martes en rolda de prensa que as oficinas do Plan Supera xa recolleron 1.610 solicitudes de axudas para a compra de computadores portátiles e de sobremesa para o alumnado (menor de 18 anos) de colexios e institutos do  concello da capital.

Este mércores día 19 de maio será o último día de prazo. "Estamos, obviamente, moi satisfeitos con esta convocatoria que, salvo sorpresa maiúscula, vai agotar o crédito previsto no Plan Supera", valorou Anabel Gulías.

"Agora queda o traballo máis complexo", que será ordenar as peticións de axuda segundo a capacidade económica dos solicitantes, indicou a portavoz do goberno municipal.

As subvencións desta liña do Plan Supera 21 serán dun máximo de 400 euros por computador e de 2.000 euros por núcleo familiar

As peticións serán tramitadas en réxime de concorrencia competitiva e a concesión das subvencións realizarase mediante a comparación das solicitudes presentadas a fin de establecer unha prelación entre as mesmas.