Ata 10.000 bolsas reutilizables estanse a repartir entre os establecementos comerciais de Caldas de Reis. É unha das iniciativas da campaña "Eu merco en Caldas".
O alcalde, Juan Manuel Rey, e o concelleiro de Comercio, Jacobo Pérez, fixeron a entrega do material ao presidente do Centro Comercial Aberto de Caldas, Manuel Louzao.
A campaña busca incentivar e promocionar as compras no comercio da vila, favorecendo que a clientela entre nas tendas, e, por outro, reducir o uso de bolsas de plástico que son sumamente prexudiciais para o medio ambiente.
Ao mesmo tempo, a entrega das bolsas dálle a posibilidade aos establecementos de contar durante o Nadal cun material funcional e atractivo no que entregar os produtos á clientela sen que isto supoña incorrer nun gasto a maiores.
Esta iniciativa súmase a outras accións postas en marcha polos comerciantes e o Concello, como é o reparto entre o alumnado escolarizado en Caldas de 1.600 cheques agasallo para gastar nos comercios da vila en compras superiores a 10 euros.