As catro praias máis concorridas de Sanxenxo, con socorristas desde o venres 12 de xuño

Sanxenxo
09 de xuño 2026
Actualizado: 16:01

Ademais Foxos e A Lanzada contarán con socorristas os sábados e domingos durante a segunda quincena de xuño

Socorrista en Areas
Socorrista en Areas / Concello de Sanxenxo

O servizo de salvamento e socorrismo entra en funcionamento nas praias máis concorridas de Sanxenxo.

Areas, Silgar, Canelas e Montalvo disporán de socorristas a partir deste próximo venres 12 de xuño até o 15 de setembro, confirma o Concello.

Ademais os areais de Foxos e A Lanzada contarán con efectivos de salvamento os sábados e domingos da segunda quincena de xuño, así como a primeira de setembro e todos os días desde o 1 de xullo ao 31 de agosto.

No que respecta ao resto de praias, terán servizo de socorrismo desde 1 de xullo até o 31 de agosto.

En total ofrecerase este servizo durante o verán en 19 praias en horario de 12.00 a 20.00 horas, fóra de Silgar cuxo horario será de 11.30 a 20.30 horas pola gran afluencia de bañistas coa que afai contar.

O plantel de socorristas estará formada por 87 persoas, entre persoal sanitario para atender incidencias nos módulos habilitados nas praias e os socorristas que se encargan dos rescates na auga.

Explica o Concello de Sanxenxo que os módulos sanitarios estarán equipados entre outros materiais con desfibriladores, balóns de osíxeno e mochilas de emerxencia.

Contarase ademais con dúas embarcacións tipo zodiac que estarán constantemente patrullando a costa entre A Granxa e A Lanzada.