As choivas desaparecerán o sábado para permitir o Enterro do Ravachol

Pontevedra
13 de febreiro 2018

Las lluvias persistirán durante toda esta semana con cielos muy nublados que irán aclarándose en torno al fin de semana. En cuanto a las temperaturas, serán normales para este período pero ascenderán con motivo de las precipitaciones.

Imaxe de satélite do martes 13 de febreiro
Imaxe de satélite do martes 13 de febreiro

As baixas presións atlánticas manterán este mércores 14 a súa influencia nas Rías Baixas, traendo inestablidade en forma de precipitacións e ceos bastante grises. En canto ás temperaturas, estas presións carrexarán aire morno e cargado de humidade, polo que mínimas e máximas sufrirán un ascenso xeral entre lixeiro e moderado, que non superará os 14 graos. En canto ao vento, soprará de forma mesurada de compoñente sur, con intervalos de forte intensidade no litoral galego. 

En canto á xornada do xoves 15, xa sen influencia de baixas ou altas presións, unha nova fronte chegará a Galicia achegando maior inestabilidade e choivas máis persistentes. O ceo permanecerá cuberto todo o día e as temperaturas mínimas seguirán subindo dos 9 aos 11 graos, mentres que as máximas non experimentarán cambios notables. O vento do suroeste soprará desde o principio da xornada, remitindo gradualmente a partir de media mañá.

A influencia da fronte chegada o xoves deixará na provincia de Pontevedra precipitacións xeneralizadas e intermitentes tamén durante o venres 16. A un ceo anubrado durante toda a xornada haberá que sumarlle unhas temperaturas suaves para a época do ano, aínda que as máximas decrecerán lixeiramente sen superar os 13 graos. O vento continuará soprando de compoñente sur de forma moderada no litoral, cambiando a norte nas últimas horas do día. 

A predición a medio prazo de Meteogalicia indícanos que o sábado 17 haberá cambios na previsión meteorolóxica, con menos probabilidade de choivas e o consecuente descenso das mínimas, o que permitirá gozar do Enterro do Ravachol. A partir do domingo 18, coa consolidación das altas presións sobre o litoral galego,volverá brillar o sol acompañado de maior estabilidade e temperaturas agradables.