As dúas futuras pistas de petanca de Nantes, en obras

Sanxenxo
14 de novembro 2022

A empresa Construcións Castro, adxudicataria da actuación, empezou xa as obras deste novo equipamento deportivo, que contará cunha zona de aparcamento en batería. A compañía iniciou a execución dos terreos de xogo, así como a sinalización dunha senda de acceso e un estacionamento para dez vehículos

Senda de acceso ás futuras pistas de petanca de Nantes
Senda de acceso ás futuras pistas de petanca de Nantes / Concello de Sanxenxo

As dúas pistas de petanca que o Concello de Sanxenxo proxectou nunha pista municipal na Cachada, en Nantes, serán realidade en cuestión de semanas. 

O orzamento para esta actuación ascende a 10.385 euros, o prazo de execución das obras é dun mes e a garantía das obras deberá ser de 12 meses.

A empresa Construcións Castro, adxudicataria da actuación, empezou xa as obras deste novo equipamento deportivo, que contará cunha zona de aparcamento en batería. 

A compañía iniciou a execución dos terreos de xogo, así como a sinalización dunha senda de acceso e un estacionamento para dez vehículos.

Ademais, xa rozou e limpou a parcela e realizará as podas manuais dalgunhas ramas de árbores existentes na leira, que entorpecen as pistas e o paseo de acceso.

Tamén se colocou xa un bordo prefabricado tipo xardín (50x20x5) sobre formigón en masa. Encima realizarase unha base de grava compactada, unha lámina geotextil e unha capa de area.

O camiño de acceso, que xa está marcado, será de saburra-cemento granítico de cor avermellada compactada e o aparcamento habilitarase con estacionamentos en batería sobre saburra-cemento de cor avermellada

A estas dúas pistas sumaranse tamén dentro da mellora e mantemento dos parques infantís do municipio outras dúas, unha de petanca e unha de chave, no parque do Espiñeiro