As enfermeiras protestan diante do Hospital Provincial en demanda de melloras laborais

Pontevedra
26 de setembro 2023

Este martes tivo lugar un acto de protesta na entrada principal do Hospital Provincial de Pontevedra, contra a deterioración das condicións de traballo do persoal dos hospitais públicos

As enfermeiras protestan diante do Hospital Provincial en demanda de melloras laborais
As enfermeiras protestan diante do Hospital Provincial en demanda de melloras laborais / Mónica Patxot

Este martes tivo lugar un acto de protesta na entrada principal do Hospital Provincial de Pontevedra contra a deterioración das condicións de traballo do persoal dos hospitais públicos, segundo explicou Manoli Martínez, presidenta da comisión de Atención Hospitalaria. 

Tratouse dunha concentración das comisións de centro dos hospitais Montecelo e Provincial e do movemento "A por todas" (APT) formado por enfermeiras das distintas áreas de Galicia una plataforma de recente creación xorde como resultado dun "maltrato mantido durante anos" hacia a súa profesión.

Os representantes dos traballadores subliñaron a "necesidade" de tomar unha serie de "medidas urxentes para dignificar a profesión" como son: a mellora das ratios enfermeira-doente; a mellora da contratación, a estabilidade e a transparencia; a recuperación do 100 % da paga extra; a recuperación "dos 3 LDs arrebatados"; o recoñecemento do solape de xornada; a retribución do plus de festivo os sábados; a retribución "xusta e igualitaria" das horas fóra de xornada ordinaria.

Tamén reclamaron o encadre da carreira profesional, incluíndo a experiencia laboral da Unión Europea; a exención de noites voluntarias a partir dos 55 anos, sen perda retributiva nin aumento da xornada ordinaria ou a xubilación anticipada aos 60 anos.

Afirmaron que a precariedade laboral existente obriga aos profesionais a buscar fóra da nosa comunidade mellores condicións laborais.

"Después de la pandemia somos los grandes olvidados", asegurou Manoli Martínez, "teníamos unos derechos y los hemos perdido".

A presidenta da comisión de Atención Primaria, Encina Chayán, engadiu que na área sanitaria de Pontevedra "siguen haciendo falta muchos contratos estables y mucha continuidad" aunque recoñeceron á nova xerencia o seu esforzo polo diálogo.