O Concello abrirá o vindeiro luns, 23 e ata o 30 de setembro, o prazo de inscrición para as escolas municipais. As actividades darán comezo o 14 de outubro e rematarán o 30 de maio.
Entre o calendario de actividades estarán as ludotecas que se desenvolverán polas tardes nos colexios de A Florida, Abrente, Telleiro, Portonovo, Nantes, O Cruceiro e Magaláns. Dirixidas ao alumnado de Educación Infantil e 1º e 4º de Educación Primaria. As cotas mensuais serán de 12 euros para empadroados e 15 euros para non empadroados.
Un ano máis inclúese nestas escolas as técnicas de estudo, pensando no alumnado de 5º e 6º de Primaria, ESO e FP Básica. Traballarase a autoestima, a motivación, a organización e planificación, así como a lectura comprensiva, expresión escrita e oral, a creatividade, a relaxación e o traballo individual e grupal. As cotas mensuais serán de 10 euros para empadroados e 12,50 euros para non empadroados.
O Centro de Arte municipal tamén ten o seu espazo dentro da programación para o desenvolvemento da expresividade artística. Pensado para o alumnado, a partir de 2º de Educación Primaria e ESO, se desenvolverá no Pazo de Emilia Pardo Bazán, os luns e mércores. A cota mensual é de 12 ou 15 euros e o aforo por clase é de 12 alumnos. Para os adultos, o Centro de Arte tamén ábrese o 14 de outubro con dúas clases semanales. A tasa mensual é de 32 ou 40 euros.
TALLER LEGO STEM
O Taller de Lego Stem, que tanto éxito tivo na edición pasada, volve a incluirse nas escolas municipais este ano e abrirase proximamente a inscrición. Estará dirixido ao alumnado de Primaria e terá lugar no Usos Múltiples de Portonovo todos os venres. As prazas estarán limitadas a 16 alumnos por clase e a adxudicación farase por orde de inscrición.
O taller fai referencia a un novo modelo educativo que ensina de maneira simultánea e integrada conceptos de ciencia, tecnoloxía e matemáticas dende o enfoque da enxeñería, e dicir, nun contexto práctico de deseño e construción de obxectos e sistemas que resolvan un problema.
A ensinanza STEM está baseada na indagación, que se leva a cabo planificando experimentos, investigando hipóteses, buscando información, construíndo modelos, traballando en equipo e propoñendo explicacións coherentes tal e como se fai en enxeñaría. Estas ensinanzas impartiranse utilizando sets educativos STEM da marca de xoguetes LEGO.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.