As familias de Cuntis xa poden inscribir aos seus nenos no programa Cuntilín

Umia
03 de xuño 2022

O servizo municipal, orientado a alumnado de Infantil e Primaria, ten un coste anual de 206.250 euros

Un neno nunha escola infantil
Un neno nunha escola infantil / Xunta de Galicia

O Concello de Cuntis abrirá este luns o prazo de inscripción no programa de conciliación familiar "Cuntilín Verán" que permanecerá activo ata o día 17 deste mes.

O 21 de xuño publicarase a listaxe definitiva de escolares admitidos. 

Os impresos de solicitude pódense recoller persoalmente en horario de mañá, de 9 a 14 horas, na OMIX, no Departamento de Servizos Sociais do Concello ou nas Oficinas xerais municipais do mesmo, e en horario de tarde nas instalacións de Cuntilín. Tamén se poden descargar da sede electrónica.

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro do Concello de Cuntis ou a través da Sede electrónica.

Cuntilín Verán está destinado a menores en idade escolar e abarca o período vacacional estival comprendido entre o 23 de xuño e 7 de setembro de 2022, ambos inclusive, permanecendo aberto todos os días hábiles, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 nas instalacións do CPI Aurelio Marcelino Rey García excepto a semana das festas patronais de agosto que estará pechado por este motivo.

Aporta ademáis unha función educativa coa organización dunha serie de actividades que fomenten as capacidades persoais de cada neno favorecendo a comprensión da realidade e integrando a dimensión cognoscitiva, afectiva e social.

O Concello de Cuntis destina a este programa unha partida de 206.250 euros anuais.