As farmacias de Marín xa dispoñen das primeiras máscaras confeccionadas polo voluntariado

Pontevedra
22 de abril 2020

Esta primeira remesa consta de 2.200 unidades que o  Concello repartiu entre once oficinas de farmacias e que teñen como destinatarios finais a poboación marinense

Once farmacias de Marín xa teñen máscaras feitas polo voluntariado
Once farmacias de Marín xa teñen máscaras feitas polo voluntariado / Concello de Marín

Ata once lotes de duascentas máscaras eran entregadas este mércores en farmacias de Marín. Un material de protección que confeccionaron persoas voluntarias que se inscribiron na campaña aberta polo Concello. Ditas máscaras danse aos cidadáns con prioridade a grupos de risco como son as persoas maiores.

Este material, que foi previamente desinfectado cumprindo con todas as medidas de hixiene atópanse xa nas seguintes oficiñas: Farmacia Ardán en la rúa Moledo, 121; Farmacia Seixo en la Avenida Doctor Ulloa, 49; Farmacia Mogor en la Avenida Aviador Calviño, 41; Farmacia Osorio-Garrido en la rúa Da Ponte, 2; Farmacia Rivera en la rúa do Sol, 26; Farmacia Enrique Touriño en la rúa Real, 8; Farmacia Boullosa en la rúa Coirados, 10; Farmacia Rosalía en la calle Jaime Janer, 40; parafarmacia Farmamarín en la rúa Francisco Landín Pazos, 4; Farmacia Souto Meiriño en la rúa Concepción Arenal s/n; y Farmacia Pedrosa Lorenzo en la rúa Concepción Arenal, 107.

Cada unha delas recibía duascentas máscaras; este material irase incrementando a medida que se vaian recibindo máis máscaras e que o Concello os vaia distribuíndo entre as farmacias. Quen queira adherirse á campaña deben enviar un correo electrónico a [email protected] ou chamar ao número de teléfono 986 88 10 00.