Cunha gran tirada de fogos de artificio nas beiras do río Lérez concluía a xornada deste 25 de xullo, celebración do Día de Galicia, dentro das Festas de Santiaguiño do Burgo.
Numerosos espectadores achegábanse ata zonas próximas ao río para ver os espectaculares fogos. O tempo acompañou para a realización deste evento, despois dunha mañá de chuvias sobre as Rías Baixas.
A actividade destas festas continúa este venres coa celebración do XXI homenaxe aos maiores do barrio do Burgo no Teatro Principal, coa presenza das concelleiras Pilar Comesaña e Gloria Blanco e coa actuación das pandereteiras de Verducido. Será a partir das 20.00 horas.
A celebración continuará este sábado 27 co pasarrúas do grupo Duos Pontes, a partir das 11.30 horas e coa verbena popular durante a noite. O domingo chegará o fin de festa co Día Infantil a partir das 18.00 horas nas atraccións instaladas no Recinto Feiral.