Tras dous anos nos que a tirada de fogos artificiais realizouse cun formato reducido, debido ás medidas de seguridade impostas pola pandemia, a pirotecnia das Festas do Santiaguiño do Burgo e as Festas da Peregrina prevé recuperar toda a súa maxestosidade.
O Concello acaba de formalizar senllos contratos con dúas compañías do sector, de acreditada experiencia, para encargarse destes espectáculos de lucería.
Así, Pirotecnia Penide será a empresa que anime as Festas do Santiaguiño do Burgo e a tirada inicial coa que arrancarán as Festas da Peregrina. Recibirá por iso case 78.000 euros.
A este diñeiro sumaranse outros 16.000 euros por subministrar os lumes con ruído.
Pola súa banda, outra compañía galega, Pirotecnia Xaraiva será a encargada da tirada de fogos artificiais nas festas de San Roque e na fin de festa da Peregrina. No seu caso, o contrato está valorado en case 83.000 euros.