As figuras da exposición de Tonucci, víctimas de actos vandálicos

Pontevedra
01 de maio 2017

Os vándalos atacaron a varias das figuras que ambientan a cidade de Pontevedra dentro das actividades incluídas na maior exposición dedicada a Francesco Tonucci, tamén coñecido como Frato, que repasa no Pazo da Cultura a traxectoria pedagóxica e vital deste pensador, pedagogo e debuxante italiano

Figura atacada na praza de Ourense
Figura atacada na praza de Ourense

Os vándalos atacaron varias das figuras que ambientan a cidade de Pontevedra dentro das actividades incluídas na maior exposición dedicada a Francesco Tonucci, tamén coñecido como Frato, que repasa no Pazo da Cultura a traxectoria pedagóxica e vital deste pensador, pedagogo e debuxante italiano.

O empresario Juan García Pérez, responsable da firma El rincón de los momentos, alertou deste ataque ás figuras dos personaxes de Frato.

É a terceira ocasión na que estas pezas sofren algún tipo de dano intencionado "Cuando una pieza como ésta, provoca necesidad de generar daño, deberíamos preguntarnos... Que es lo que está fallando", publicou Juan García en Facebook.

Os personaxes de Tonucci, Frato, lembran aos que debuxou Quino con Mafalda, e tamén coinciden en que os dous ensinan outra forma de mirar o mundo desde os ollos dos nenos.