As mareas vivas poñen a proba a canle do río Lérez

Pontevedra
12 de setembro 2014

Por unhas horas o Lérez esqueceu os seus problemas de calado. Os historiadores calculan que dende a época romana o leito do río subiu uns dous metros de altura  

Peirao das Corbaceiras
Peirao das Corbaceiras / PontevedraViva

As mareas vivas de setembro acompañadas polo fenómeno da superlúa puxeron a proba a canle do río Lérez.

A preamar na ría de Pontevedra situou ao Lérez ao límite do desborde.

O taboleiro da ponte dos Tirantes quedou somerxido baixo a auga converténdose nun muro que impedía a navegación río arriba.

Nas Corbaceiras o contraste foi maior, os barcos amarrados no peirao pasaron de estar a varados en seco tocando fondo durante a baixamar, a situarse á mesma altura que os vehículos coa suba da marea.

Mesmo foi necesario desaloxar algúns vehículos que estaban estacionados na rampla de baixada do vello peirao, un espazo no que a Autoridade Portuaria prohibe estacionar pero que a cotío se ve ocupado por algúns coches.

Por unhas horas o Lérez esqueceu os seus problemas de calado. Os historiadores calculan que dende a época romana o leito do río subiu uns dous metros de altura.