As mulleres trunfan nos concursos de carteis e fotografía da Festa da Troita

Ponte Caldelas
25 de abril 2018

Catro mozas de Ponte Caldelas e Cerdedo-Cotobade recibiron os diplomas acreditativos

O alcalde coas gañadoras dos concursos de carteis e fotografía da Festa da Troita
O alcalde coas gañadoras dos concursos de carteis e fotografía da Festa da Troita /

As catro gañadoras dos concursos de carteis e fotografías da 52ª edición da Festa da Troita recibiron este martes os seus diplomas acreditativos e recibiron a felicitación do alcalde, Andrés Díaz, quen destacou o feito de que a creatividade caldelá está nas mans das mulleres.

Os concursos resolvéronse co voto da veciñanza, que tivo a ocasión de votar presencial e telematicamente, a partir da preselección realizada por un xurado mixto, no que estiveron presentes profesionais da imaxe, pero tamén membros do goberno local.

A autora do cartel gañador, baixo o lema "O cuarto elemento es ti", resultou ser Patricia Ricón Rodríguez, veciña de Cerdedo-Cotobade.

O primeiro premio do concurso de fotografía foi para Ángeles Boullosa Ventín, cunha imaxe titulada "O marmurio do río" que representa un carballo situado ao comezo do Sendeiro Azul. O segundo premio foi para imaxe "Augas cristalinas", de Zaida Barreiro Vidal, e o terceiro correspondeu ao traballo titulado "Cando as troitas durmen", de Vanessa Veiga Castro. As tres son veciñas de Ponte Caldelas.

Por outra banda, nos próximos días entregaranse os premios ao alumnado dos colexios da Reigosa e Cordo Boullosa, gañadores do concurso de redacción da Festa da Troita.