As Noites Abertas pechan edición cunha gran festa

Pontevedra
01 de maio 2016

A praza de Curros Enríquez acolleu o festival final de Noites Abertas de 2016 despois de tres meses de múltiples actividades para os máis novos

Gran festa final de Noites Abertas 2016
Gran festa final de Noites Abertas 2016 / Mónica Patxot

Noites Abertas 2016 chegou ao seu punto final na edición deste ano e fíxoo ao grande cunha festa que se desenvolveu na praza de Curros Enríquez durante a tarde deste sábado 30 de abril.

No acto colgáronse fotografías dos eventos a través dun Galiñeiro-expositor. Alí recolléronse imaxes das actividades que tiveron lugar durante o pasados tres meses e montouse un concerto con Venomous Pink, Stock, a banda gañadora do Fest 2016 e Chirri Bomb, acompañados de actividades relacionadas co breakdance, o beat box, hip-hop e rap.

Os asistentes tamén tiveron oportunidade de presentar as súas achegas e críticas para que a próxima edición conte con outras actividades e propostas.