'As nosas senlleiras' visita Barro

Barro
11 de abril 2018

O Concello de Barro acollerá a exposición organizada pola Deputación de Pontevedra e que está comisariada por Begoña Fernández Lorenzo, 'As nosas senlleiras. Árbores singulares da provincia'

'As nosas senlleiras' visitan Barro
'As nosas senlleiras' visitan Barro / Concello de Barro

O Concello de Barro acollerá a exposición organizada pola Deputación de Pontevedra e que está comisariada por Begoña Fernández Lorenzo, 'As nosas senlleiras. Árbores singulares da provincia'.

Esta exposición será de entrada gratuita e a inauguración celebrarase o xoves 12 de abril as 20.00 horas, tendo lugar na sala de exposicións do Concello onde se manteñen as árbores e outras especies consideradas 'reliquias botánicas' ata o 27 de abril.

O horario de visita é de 9.00 a 15.00 horas, de luns a venres, e os alumnos dos centros de ensino de Barro asistirán á mesma para coñecer cada unha das historias e lendas que gardan as árbores, así como para realizar distintas actividades.

Unha destas é 'Verbas do monte', o venres 27 de abril as 10.00 horas, con Anxo Moure e que relaciona aos rapaces do CEIP Amor Ruibal de Barro coa exposición.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora