As obras da Ponte Zapal estarán rematadas antes de outubro

Marín
21 de agosto 2017

As obras víronse dificultadas en gran medida pola presenza dun tendido soterrado de media tensión que os operarios tiveron que desviar mantendo o servizo eléctrico

Obras en Ponte Zapal
Obras en Ponte Zapal / Concello de Marín

As obras de reconstrución de Ponte Zapal, en Marín, avanzan a bo ritmo, segundo o goberno local, despois de superar as dificultades que os operarios se atoparon durante os traballos.

Nestas obras apareceu un tendido subterráneo de media tensión que foi necesario desviar mantendo o servizo eléctrico e ademais atoparon unha calzada histórica e os restos da antiga ponte. Estes descubrimentos obrigaron a adpatar o proxecto.

En coordinación cos departamentos de Patrimonio Histórico decidiuse respectar os restos e cimentar por detrás da ponte antiga. Desta forma, o trazado do camiño histórico permanece definido e documentado.

En setembro pavimentarase de pedra e levarán a cabo os remates. Segundo o goberno da alcaldesa María Ramallo, espérase que antes de outubro as obras estean finalizadas.