As obras de calmado do tráfico chegarán a novos puntos de Lourizán e Lérez

Pontevedra
10 de abril 2017

Na parroquia de Lourizán a actuación centrarase no entorno do colexio de Carballeira para mellorar o acceso ao centro educativo desde a estrada de Marín. A obra sairá a contratación por 95.167 euros. En Lérez, a obra sairá a licitación por 108.486 euros e suporá poñer en marcha medidas de calmado do tráfico entre os lugares de Cruceiro e A Piolla

Lombos
Lombos / Mónica Patxot

As obras de calmado do tráfico, coa consecuente mellora da accesibilidade e seguridade viaria, que o Concello de Pontevedra están a levar a todos os puntos do municipio terán a súa próxima parada nas parroquias de Lourizán e Lérez, con dúas obras que sumarán un investimento de máis de 200.000 euros.

O portavoz do goberno local, Raimundo González, indicou que na parroquia de Lourizán a actuación centrarase na contorna do colexio de Carballeira para mellorar o acceso ao centro educativo desde a estrada de Marín. A obra sairá a contratación por 95.167 euros.

Entre outras medidas, suporá construir un camiño peonil e instalar pasos de peóns sobreelevados, todo co obxectivo de darlle prioridade absoluta aos peóns.

Na parroquia de Lérez, a obra sairá a licitación por 108.486 euros e suporá poñer en marcha medidas de calmado do tráfico entre os lugares de Cruceiro e A Piolla