As obras de humanización e seguridade do vial Dena-Pasales, en marcha

O Salnés
02 de abril 2022

A actuación de humanización deste tramo de Faxín ten un orzamento de 66.118,41 euros e un prazo de execución de 2 meses, segundo informa o Concello de Meaño

Obras na estrada que une Dena e Pasales
Obras na estrada que une Dena e Pasales /

Os operarios iniciaron nos últimos días as obras de humanización e seguridade viaria na estrada que une Dena e Pasales.

A actuación de humanización deste tramo de Faxín ten un orzamento de 66.118,41 euros e un prazo de execución de 2 meses, segundo informa o Concello de Meaño.

En concreto o primeiro tramo dos traballos consisten no fresado e na demolición do pavimento existente, para despois estender unha base de saburra artificial, estendida e compactada. Unha vez superada esa fase prevese a pavimentación total do vial con formigón.

Ademais está previsto dotar á zona dunha nova rede de iluminación pública con luminarias de baixo consumo.

Por último, sinala o Concello, dotarase dunha rede de saneamento de pluviais.