As obras de pavimentación das beirarrúas de Alcalde García Filgueira finalizarán a próxima semana

Pontevedra
22 de maio 2021

A Concellaría xestionada por Eva Vilaverde vén de dar comezo ás obras de pavimento nas beirarrúas de Alcalde García Filgueira. Será a primeira rúa da cidade con aglomerado continuo, deseñado para mellorar a accesibilidade e evitar esvaramentos

Obras na rúa Alcalde García Filgueira
Obras na rúa Alcalde García Filgueira / Concello de Pontevedra

A Concellaría xestionada por Eva Vilaverde vén de dar comezo ás obras de pavimento nas beirarrúas de Alcalde García Filgueira. A actuación, prevista para febreiro, foi adiada a este mes para que as chuvias non afectasen ao resultado final da obra.

Segundo informou o Concello, xa demoleron o antigo pavimento nunha das marxes da rúa e está previsto que o vindeiro martes quede totalmente pavimentada co novo material. Continuarán coa marxe oposta e prevén que a actuación remate a finais de semana ou comezos da seguinte.

As obras previstas nestas beirarrúas presentáronse a comezos do ano, cando Vilaverde informou de que serán as primeiras da cidade con aglomerado continuo, deseñado para mellorar a accesibilidade e evitar esvaramentos.

O material aplicado se colocará en Alcalde García Filgueira por ser unha rúa en pendente polo que favorecerá a que non haxa diferencias de alturas entre lousetas, non rompe con tanta facilidade e é menos esvaradizo.

Esta actuación con aglomerado continuo está emarcado no traballo de estudo e de busca de solucións para mellorar os valores de modelo urbano que, no caso de Pontevedra, ten como prioridade a mobilidade peonil, accesibilidade e seguridade vial.