Os traballos de mellora da estrada do Muíño, en San Xoán de Poio, quedarán rematados nas próximas semanas. Así o destacaron o deputado provincial, Gregorio Agís, e o concelleiro de Obras, Julio Casás, que visitaron as obras que se están a realizar na EP-6003.
Xunto coa limpeza en ambas marxes e a dotación de cuneta tendida, a obra inclúe a instalación de canalizacións de drenaxe e o reforzo da seguridade peonil, con máis espazo para os viandantes.
"Esta estrada necesitaba desta actuación para aumentar a seguridad dos peóns", destacou o concelleiro socialista, que puxo de relevancia os traballos impulsados pola Deputación de Pontevedra, "que sempre está para dar resposta a este tipo de necesidades",
Neste tramo do vial tamén se está a levantar un muro de contención para aumentar a plataforma incorporando zonas de paso.
Todos estes traballos de acondicionamento, que contan cun orzamento de 170.000 euros, están indo a "bo ritmo", segundo subliñou Agís, responsable de infraestruturas no goberno provincial.