As obras en Barcelos obrigan a cortar o tráfico na praza durante 12 días

Pontevedra
01 de marzo 2024

Con motivo das obras de reforma deste espazo urbano selarase a cabo esta medida desde o vindeiro luns, 4 de marzo, ata o sábado día 16

Plan de tráfico na Praza de Barcelos
Plan de tráfico na Praza de Barcelos / Concello de Pontevedra

O Concello de Pontevedra anunciou o corte ao tráfico na praza de Barcelos durante 12 días.

Con motivo das obras de reforma deste espazo urbano levarase a cabo esta medida desde o vindeiro luns, 4 de marzo, ata o sábado día 16. 

Segundo indicou o Concello, só estará permitido o acceso aos garaxes particulares da zona, así como ao estacionamento público subterráneo. 

Ademais, habilitarase o dobre sentido na rúa Rouco, para facilitar a entrada e saída aos residentes cos seus vehículos.

Durante estes días as obras centraranse no lateral da praza de Barcelos ao que van dar as rúas Xenaro Pérez Villamil (de baixada desde a parte peonil da rúa Benito Corbal) e Rouco.