As obras na rúa Inferniño causan un escape de gas

Marín
26 de novembro 2018

O suceso tivo lugar pasadas as catro da tarde cando os operarios que traballan nesta rúa perforaron a condución do gas o que obrigou a cortar o viario e a reter aos veciños nas súas vivendas, por razóns de seguridade

As obras na rúa Inferniño causan un escape de gas
As obras na rúa Inferniño causan un escape de gas / Diego Torrado

As obras de humanización da rúa O Inferniño provocaron este luns un escape de gas.

O suceso tivo lugar pasadas as catro da tarde cando os operarios que traballan nesta rúa perforaron a condución do gas o que obrigou a cortar o viario e a reter aos veciños nas súas vivendas, por razóns de seguridade.

Os bombeiros do parque do Morrazo acudiron ao lugar do incidente, así como empregados do servizo técnico.

Non é a primeira avaría causada polo desenvolvemento das obras, xa que con anterioridade os operarios que traballan nesta rúa deixaron sen conexión a internet e sen liña telefónica durante quince días a diferentes puntos do centro urbano de Marín.