Finalmente foron 17 as ofertas recibidas no Rexistro Xeral do Concello de Pontevedra para construír o desdobramento da avenida de Vigo e as melloras da avenida da Estación e da propia avenida de Vigo.
As empresas que presentaron ou anunciaron a súa concurrencia a esta licitación foron:
- Puentes y Calzadas Infraestruturas S.L.U.
- CRC Obras y servicios S.L. Xermolo S.A.
- Imesapi S.A. Canalugo
- Civis Global S.L.
- Construcciones, obras y viales S.A. e E.C. Casas S.L.
- Acciona infraestruturas S.A. Construcciones Ramírez S.L.U.
- Dragados S.A.
- Sacyr S.A.U
- Eiriña S.L.
- Elsamex S.A.
- Vías y construcciones S.A.
- Ferrovial Agroman S.A.
- Construcciones San José S.A.
- Xestión Ambiental de contratas S.L. Abeconsa S.L.U.
- Copcisa S.A. Proyecon Galicia S.A.
- Extraco, construccións e proxectos S.A. Petrolam a veiga S.L.
- Espina Obras Hidráulicas
A licitación do "Proxecto de urbanización da rede arterial do novo acceso sur N-550" saíu publicado no DOG e no BOP o pasado 28 de febreiro cun orzamento de 4.156.055,00 euros cun prazo de execución de 10 meses.
Nesta licitación está incluída a construcción do novo viario así como todas as melloras do proxecto como a reurbanización da avenida da Estación ou a permeabilización do novo viario coa avenida de Vigo, así como a reforma da rotonda de Fernández Ladreda ou a reurbanización da avenida de Vigo.