As Palmeiras e a Alameda, listas para o verán

Pontevedra
03 de maio 2016

A brigada municipal de Parques e Xardíns está a pór a punto o parque das Palmeiras e da Alameda para telo perfectamente acondicionado logo do remate das chuvias e de cara ao verán. Son diversas e variadas as actuacións que se están a realizar, dende traballos de xardinería até reparación dos estanques e dos pavimentos

Limpeza do estanque das Palmeiras
Limpeza do estanque das Palmeiras

A brigada nunicipal de Parques e Xardíns está a pór a punto o parque das Palmeiras e da Alameda para telo perfectamente acondicionado logo do remate das chuvias e de cara ao verán. Son diversas e variadas as actuacións que se están a realizar, dende traballos de xardinería até reparación dos estanques e dos pavimentos.

Estase a acometer a limpeza e impermeabilización, o cambio da bomba de impulsión e o sistema de iluminación da fonte próxima ao Blanco e Negro, así como a limpeza e reparación das fugas do estanque.

Tamén se están a facer traballos de xardinería como o escardado da herba dos camiños e das sendas, e plantarase flor de temporada.

Nos pavimentos e nas sendas das Palmeiras estanse a reparar fochas na zona dende a cruz central até Raíña Vitoria; a reparación das sendas menores e do paseo central; o desatascamento da rede pluviais dende a cruz central até Raíña Vitoria, a reconstrución das arquetas de recollida, así como a reconstrución das rígolas de recollida de augas deterioradas.

Na Alameda, as brigadas comezaron co destoconado mecánico das cañotas das árbores perigosas que foron taladas recentemente.