As policías locais da provincia trasladan as súas reivindicacións a deputados e senadores do PP

Pontevedra
19 de outubro 2020

Os populares mostraron o seu compromiso de canalizar as peticións do colectivo cara ao Goberno

Deputados do Partido Popular reúnense con representantes sindicais das policías locais da provincia
Deputados do Partido Popular reúnense con representantes sindicais das policías locais da provincia / Partido Popular de Pontevedra

Os deputados do PP de Pontevedra María Ramallo, Diego Gago e Javier Bas, así como a senadora Pilar Rojo, reuníronse este luns con representantes sindicais da Policía Local da provincia para escoitar cales son as principais demandas deste colectivo e cal é a súa situación actual na provincia co obxectivo de canalizar as súas reivindicacións cara ao Goberno.

Na reunión, na que participaron tamén os concelleiros Rafa Domínguez e Pepa Pardo, ademais da portavoz dos populares na comisión Interior do Congreso, Ana Vázquez; os populares aseguran que no Congreso "presentamos e defendemos propostas que nos fan chegar os propios profesionais".

Algunhas destas iniciativas son os coeficientes redutores da contía da pensión en caso de xubilación anticipada para a Policía Local ou a solicitude para declarar profesión de risco aos policías locais, lembran no PP algunhas das peticións que realizaron.