As protestas contra a A-57 chegan á Subida Cidade de Pontevedra

Pontevedra
09 de maio 2014

A plataforma veciñal 'Salvemos a Fracha' instalará postes e pancartas informativas ao longo de todo o percorrido para que os convocantes, participantes e público da carreira coñezan a problemática asociada a este proxecto e a postura veciñal, que reclama a retirada da infraestrutura

Presentación de alegacións contra o proxecto de autovía A-57 de Pontevedra
Presentación de alegacións contra o proxecto de autovía A-57 de Pontevedra / PontevedraViva

A 'Subida Cidade de Pontevedra' arrastra cada ano a centos de persoas que seguen a carreira ao longo de todo o percorrido. Este ano, os que acudan a este evento o sábado 10 ou o domingo 11 atoparanse coas reivindicacións da plataforma veciñal 'Salvemos a Fracha'.

O colectivo anunciou este venres que fará acto de presencia durante a fin de semana na celebración deste evento, que este ano chega á súa décimo sétima edición e que percorre a estrada que sube cara ao polígono de O Campiño polo interior de Marcón. Farano para para poñer de manifesto a súa oposición ao proxecto da autovía A-57.

Segundo explicaron, os afectados instalarán postes e pancartas informativas ao longo de todo o percorrido da carreira para que os convocantes, participantes e público do acto deportivo coñezan a problemática asociada a este proxecto e a postura veciñal, que xa trasmitiron ao Ministerio de Fomento durante a fase de alegacións do estudo de impacto ambiental.

'Salvemos a Fracha' cuestiona que este proxecto supón un gasto de máis de 84 millóns de euros para crear una infraestructura viaria de tan sólo 6,2 quilómetros no seu tramo Vilaboa-A Ermida que, ao seu modo de ver, "resulta inútil e innecesaria para os veciños de Pontevedra e os concellos colindantes". 

A plataforma pide que se retire o proxecto e, como alternativa, que ese orzamento se adique a gastos sociais máis necesarios na actualidade e á liberalización da peaxe da AP-9, de tal maneira que "axilizaría a comunicación entre Vigo e Pontevedra e sí levaría consigo beneficios para todos os cidadáns".

Dende o inicio da súa tramitación, esta autovía presentouse como unha circunvalación a Pontevedra. Fronte a isto, os veciños aseguran que non é tal circunvalación, senón un corredor ao que só se pode acceder polos seus dous extremos, pero sen dar acceso a ningunha das poboacións intermedias das catro parroquias que atravesa ao longo dos términos municipais de Pontevedra e Vilaboa: Figueirido, Bértola, Tomeza e Marcón.

Ademais, argumentan que o trazado ten un impacto ambiental severo na fauna e flora da ladeira da Serra da Fracha, na hidrografía de dous afluentes do río Gafos e no patrimonio arqueolóxico da zona. Ademáis, supón construir taludes de 60 e 30 metros de alto (que equivale a un edificio de 17 pisos) ao lado das viviendas, dividindo en dous as poboacións, e terá un impacto paisaxístico irreversible en zonas como A Fracha.'salvemos>,>

Arquivado en