As portas do coso de San Roque seguirán pechadas este próximo de agosto. Por segundo ano consecutivo, a afección pontevedresa e a turística que se achega ata as Rías Baixas, quedan sen festexos taurinos na semana das festas da Peregrina na capital.
Este martes, representantes da firma dos irmáns Lozano, con Eduardo á fronte, mantiñan unha reunión na Subdelegación do Goberno para coñecer as posibilidades de celebrar unha corrida de touros o domingo 8 de agosto, único festexo ao que aspiraba a organización. O marco legal vixente, isto é o DOG do 8 de xullo, - que reestablecía as medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución epidemiolóxica derivada da covid-19 -, "resulta inamovible" e o seu cumprimento contravén os números da empresa.
Así, o aforo permitido para a celebración dun festexo na praza de touros estaría no 75%, cun máximo neste caso de mil persoas. Unha cifra que para os propietarios da praza fai "inviable economicamente" a apertura dos despachos de billetes; máxime se a evolución de contagios seguise en ascenso e fixese aumentar máis aínda a restrición de aforos.
Con este panorama, a empresa lamenta ter que renunciar á oferta dun cartel para a tarde do 8 de agosto - que xa estaría deseñado a tales efectos - e que se esfuma un ano máis na cidade de Pontevedra.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.