As Rías Baixas promocionaranse como destino turístico nos Museos Gugenheim, Reina Sofía e Serralves de Oporto

Pontevedra
27 de febreiro 2015

A Deputación de Pontevedra inicia a vindeira semana unha campaña de promoción do destiño Rías Baixas

Uns pais disfrutan con seu fillo dunha xornada de turismo termal
Uns pais disfrutan con seu fillo dunha xornada de turismo termal / Turismo Rías Baixas

A Deputación de Pontevedra inicia a vindeira semana unha campaña de promoción do destiño Rías Baixas.

O presidente da Administración provincial, Rafael Louzán, presentou esta iniciativa acompañado da secretaria xeral de Turismo, Nava Castro, e representantes do Cluster de Turismo de Galicia, Asehopros, Feprohos e outras entidades representativas deste sector.

A campaña inclúe a presentación do destino Rías Baixas nos Museos Gugenheim de Bilbao o 3 de marzo; no Museo Reina Sofía de Madrid o 9;  e no Museo Serralves, de Oporto, o 17 de marzo.

A xefa de Turismo Rías Baixas, Ruth González, explicou que esta campaña suporá unha diferenciación e posta en valor do destiño en canto que "as Rías Baixas son unha obra de arte que terán refrexo nos máis importantes museos"; a presenza de touroperadores e blogueiros nas respectivas zonas de influencia; e captar para as Rías Baixas un novo nicho de mercado. Cada unha destas presentacións concluirá cun concerto do músico Xoel López.

A iniciativa da Deputación consistirá tamén nunha campaña en medios de comunicación nacionaise de marketing on line a través de firmas como Destinia, Minube e Google.

Outro aspecto dela será a presenza das Rías Baixas nas feiras internacionais de Londres e Berlín, a través da Xunta e Turismo de Galicia. Cos contactos de touroperadores, bloggers, maioristas e xornalistas obtidos nelas realizaráse un FamTrip en abril coa visitas.

FINALISTA DOS PREMIOS FUNDETEC

Finalmente, a campaña levará a cabo a presentación do proxecto turístico da Deputación de Pontevedra e do Smart Destinos Rías Baixas aos Premios Fundetec. A institución provincial é finalista nestes premios na categoría de Mellor proxecto de entidade pública para a cidadanía.

Resultaron finalistas destes premios tres entidades: a Corporación RTVE (polo programa Emprende); o Servizo de Emprego Público Estatal (SEPE) (polo Portal do Emprego); e a Deputación de Pontevedra polo Smart Destination Pontevedra: El origen de tu destino. Este galardón entregaráse o 5 de marzo.