A terceira convocatoria do Plan Social de Ence en Pontevedra pechou cunha cifra superior a 11 millóns de euros, repartidos entre 477 proxectos.
Nun comunicado a compañía pasteira, destaca a cantidade solicita nas áreas de apoio ao deporte, con cerca de tres millóns de euros; recuperación e coidado da contorna, con cerca de dous millóns e medio de euros; e impulso ao emprendemento e á innovación", con máis de dous millóns de euros.
Os programas de apoio á educación e cultura solicitaron cerca de dous millóns de euros, os de loita contra a exclusión social máis de un millón de euros e para axudas veciñais pedíronse cerca de medio millón de euros.
Para Ence o importante número de proxectos recibidos xunto coa magnitude da cantidade solicitada por todos eles, demostra o éxito do plan social, unha iniciativa "que segue crecendo ano tras ano e que supón unha valiosa axuda para a contorna social".
Dende a dirección da fábrica de Lourizán aseguran que a súa é unha das iniciativas sociais de maior envergadura realizada por unha empresa privada en España.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.