As xincanas substitúen aos roteiros "Cunca e nécora"

Pontevedra
18 de setembro 2018

Nova edición de "Cunca e nécora", agora no modo "Expertxs". Será un xeito distinto de coñecer a cidade que xunta a historia, o patrimonio e a gastronomía como fío condutor. Desenvolverase ao longo do mes de outubro e nesta ocasión as xincanas substituirán ás visitas guiadas máis tradicionais

Anabel Guías e Cora Velasco
Anabel Guías e Cora Velasco / Mónica Patxot

Nova edición de "Cunca e nécora", agora no modo "Expertxs". Será un xeito distinto de coñecer a cidade que xunta a historia, o patrimonio e a gastronomía como fío condutor.

Desenvolverase ao longo do mes de outubro e nesta ocasión as xincanas substituirán ás visitas guiadas máis tradicionais. Esta nova edición inclúe tamén o roteiro "O galeguismo en Pontevedra".

Serán seis xincanas sobre a historia da Boa Vila, nas que as "estacións de repostaxe" serán tres locais con encanto nos que os participantes renderanse á gastronomía galega (viño e pincho).

As persoas interesadas en participar teñen que inscribirse a través do enderezo electrónico [email protected], unha vez confirmada a praza terán que abonar 10 euros.

Hai quendas de mediodía e de noitiñas. As citas de 12.00 a 14.00 horas será os días 6, 13 e 20 de outubro. As citas das 20.30 ás 22.30 horas serán os días 5, 12 e 19 de outubro.

O roteiro "O galeguismo en Pontevedra" desenvolverase o sábado 20 de outubro, ás 20.30 horas.