Asenta no polígono de Outeda outra empresa do sector da alimentación

Barro
16 de maio 2023

A Xunta de Goberno local do concello de Barro vén de aprobar a licenza de construción solicitada pola empresa Distribuciones Moroño e Hijos S.L., para a construción dunha nave destinada á almacenaxe de produtos derivados da fariña, conxelados, alimentación e loxística

Instalacións do Grupo Maroño
Instalacións do Grupo Maroño

A Xunta de Goberno local do Concello de Barro vén de aprobar a licenza de construción solicitada pola empresa Distribuciones Moroño e Hijos S.L., para a construción dunha nave destinada á almacenaxe de produtos derivados da fariña, conxelados, alimentación e loxística.

Trátase dun grupo empresarial que distrubúe produtos e materiais de panadería, confitería e hostelería. Son uns dos principais provedores en venda de aceites, conservas, cremas e natas na canle Horeca en Galicia.

A nova nave levantarase na parcela E-11 cunha supercie total construída de 1.494 metros cadrados.

O orzamento de execución material ascende a un total de 497.450 euros.

O Grupo Moroño é unha empresa familiar fundada no ano 1963 que ten as súas oficinas centrais situadas no Polígono Río do Pozo (Narón), recentemente inaugurou un gran centro loxístico no Polígono Os Capelos (Carral) desde onde se dá servizo a gran parte da comunidade galega.