Así é a decoración dos espazos gañadores do II Concurso de Nadal en Marín

Marín
20 de decembro 2021

Este ano presentáronse 21 vivendas unifamiliares, 14 comunidades de veciños, 16 comercios e 4 locais de hostalaría. Os dous primeiros galardóns de cada categoría recibiron trescentos e douscentos euros de premio, ademais de realizarse un sorteo de 100 euros entre o resto de participantes por modalidade

Segundo concurso de decoración de Nadal en Marín
Segundo concurso de decoración de Nadal en Marín / Concello de Marín

O  Concello de Marín publicou a lista de participantes gañadores nas categorías do segundo Concurso de Decoración de Nadal 2021. 

A relación é a seguinte:

 COMERCIO:
 1º premio (300 euros): Salón de peiteado Conchi Moreira
 2º premio (200 euros): Carmencitas Moda Infantil
 Sorteo (100 euros): Lavandería  El Clareo

  HOSTALARÍA:
 1º premio (300 euros): Los 3 Monos
 2º premio (200 euros): Cafetería Mask
 Sorteo (100 euros):  Vinoteca Agustín

 COMUNIDADES DE VECIÑOS:
 1º premio (300 euros): Edificio Virxe do Porto
 2º premio (200 euros): Avenida dá Cañota, nº6
 Sorteo (100 euros): Edificio ENCE (Jaime Janer)

 VIVENDAS UNIFAMILIARES:
 1º premio (300 euros): Manuel Montenegro (Viñas Brancas)
 2º premio (200 euros): David García Soage (A Moreira)
 Sorteo (100 euros): Peregrina Juncal (Barriada Virgen del Carmen)

O xurado para determinar estes galardóns estivo formado polos concelleiros da corporación: Manuel Domingos, Itziar Álvarez, Cristina Acuña, Marián Sanmartín e Elisa Dopazo; un funcionario municipal e Mara Fariña e Cristina Barreiro, en representación da veciñanza de Marín.

Este ano presentáronse a este certame un total de 21 vivendas unifamiliares, 14 comunidades de veciños, 16 comercios e catro locais de hostalería. A intención deste concurso é animar á cidadanía a que se decoren as súas vivendas e establecementos comerciais para ofrecer unha imaxe animada con estas datas.