Así foi a instalación da nova pasarela metálica sobre o río Gafos

Pontevedra
10 de agosto 2023

Tal e como estaba previsto e anunciado foi preciso cortar a rúa para poder realizar a operación de montaxe cunha grúa de grandes dimensións

Instalación da nova pasarela metálica sobre o río Gafos / PontevedraViva

A instalación da nova pasarela sobre o río Gafos ao seu paso pola rúa Rosalía de Castro causou certa expectación na mañá deste xoves. 

Tal e como estaba previsto e anunciado foi preciso cortar a rúa para poder realizar a operación de montaxe cunha grúa de grandes dimensións.

O concelleiro de Parques e xardíns, Xaquín Moreda, acompañado da alcalde en funcións, Eva Vilaverde, explicou que esta era a parte "máis espectacular" da obra de acondicionamento do río Gafos entre as rúas Tablada e Rosalía de Castro.

"A pasarela vén nunha peza única, metálica, construída en taller. Logo da súa colocación continuarán os traballos previstos, como a demolición da antiga pasarela peonil. En paralelo a esta actuación se seguirán acondicionando as zonas verdes próximas", afirmou o concelleiro.

O proxecto foi adxudicado no seu día á empresa Covsa por 495.866 euros e está financiado por fondos europeos FEDER dentro da Estratexia DUSI Máis Pontevedra.

Cómpre lembrar que a rúa Rosalía de Castro volverá estar cortada o venres, neste punto entre as 07.00 e as 16.00 horas.