Ata o 30 de novembro continúa aberto o prazo das axudas para rehabilitar vivendas en Marín

Marín
02 de outubro 2024

O Concello de Marín presenta unha nova convocatoria de axudas para a rehabilitación de vivendas e edificios nas Zonas ARI (Áreas de Rehabilitación Integral). O orzamento total ascende a 193.580 euros

Visita dos participantes do obradoiro a Pescados Molino
Visita dos participantes do obradoiro a Pescados Molino / Concello de Marín

O concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, presentou unha nova convocatoria de axudas para a rehabilitación de vivendas e edificios nas Zonas ARI (Áreas de Rehabilitación Integral) de Marín.

As axudas son para inmobles situados no casco histórico e a Banda do Río Lameira

As zonas que poden acollerse a estas axudas figuran nesta ligazón.

O orzamento total ascende a 193.580 euros.

As bases publicaranse proximamente no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

O prazo de presentación de solicitudes estenderase ata o 30 de novembro.

As axudas centraranse na mellora da eficiencia enerxética dos inmobles.

A contía máxima por vivenda variará segundo o aforro enerxético acadado:

  • Entre 30-45% de aforro: ata 8.100 euros
  • Entre 45-60% de aforro: ata 14.500 euros
  • Máis do 60% de aforro: ata 21.400 euros

 

Contemplase un incremento adicional de ata 1.000 euros por vivenda ou 12.000 euros por edificio no caso de retirada de amianto.

Santos destacou que esta iniciativa supón "unha oportunidade fantástica para moitas persoas que precisan rehabilitar as súas vivendas cunha visión clara de melloría da calidade de vida".

OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO

Paralelamente, o Concello de Marín está a desenvolver un Obradoiro Dual de Emprego, subvencionado pola Xunta de Galicia, que beneficia a 20 persoas.

O programa ofrece formación en dous ámbitos:

  1. Atención sociosanitaria a persoas dependentes no domicilio e en institucións sociais.
  2. Elaboración de produtos da pesca e a acuicultura.

 

Como parte da formación, os participantes realizaron visitas a 16 empresas e institucións dos seus sectores.

O obradoiro de acuicultura tamén realizou entregas de peixe ao Comedor Social como parte dos módulos prácticos da formación en Pesca e Acuicultura.

Este programa conta co financiamento do Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.