Atopan morto na súa casa a un home tras un aviso de incendio na rúa María Victoria Moreno

Pontevedra
10 de agosto 2023

A Policía Nacional investiga o suceso, a primeira hipótese apunta a unha morte natural. O home estaba a cociñar e por causas que se descoñecen, caeu ao chan. O fume foi provocado pola comida ao lume declarándose un incendio de escasa entidade

Intervención por un incendio na avenida María Victoria Moreno
Intervención por un incendio na avenida María Victoria Moreno / Policía Local de Pontevedra

Os servizos de emerxencias atoparon este xoves a un home de 61 anos falecido nun domicilio ds rúa María Victoria Moreno.

O home convivía coa súa tía, de avanzada idade. Foi o dispositivo de teleasistencia o que alertou á Cruz Vermella dun incendio na vivenda, ás 14.58 horas.

Ao chegar ao lugar os axentes atopáronse co corpo sen vida na cociña, segundo informa a Policía Local. Tamén acudiron os Bombeiros, a Policía Nacional e e dúas ambulancias de Urxencias Sanitarias.

A Policía Nacional investiga o suceso, a primeira hipótese apunta a unha morte natural. O home estaba a cociñar e por causas que se descoñecen, caeu ao chan. O fume foi provocado pola comida ao lume declarándose un incendio de escasa entidade.

Segundo informou o 112 Galicia a muller que non precisou ser trasladada a un centro sanitario.