Os montes da provincia seguen ofrecendo sorpresas no terreo da micoloxía. O experto pontevedrés Jaime B. Blanco-Dios atopou e describiu como unha variedade nova no mundo científica a un fungo cunha curiosa forma que se caracteriza por presentar un pé de reducidas dimensións. Este cogomelo aparecía no monte de San Cibrán, no municipio de Barro.
A Flammulina velutipes é un fungo que produce cogomelos comestibles coñecidos popularmente pola súa denominación xaponesa, Enoki, ou polo seu nome en chinés, cogomelo de agulla de ouro.
Trátase dunha especie cultivada e moi consumida en diferentes gastronomías asiáticas, tanto a coreana, a xaponesa como a chinesa. O nome completo é Flammulina velutipes var. cytiseicola f. brevipes. Segundo o seu descubridor, esta especie crece sobre xestas mortas e a súa aparición xa apareceu publicada na revista especializada cántabra Yesca