A Policía Local de Marín informou dun atropelo acontecido no paso de peóns fronte ao Concello, na Avenida de Ourense.
Un vehículo alcanzou a un mozo, que sufriu un traumatismo na cabeza e máis lesións.
Unha ambulancia desprazouse ata ao lugar para trasladalo ao Hospital Quirón.
O conductor do vehículo, que deu negativo en alcool e drogas, alegou que foi o sol baixo o que lle reflexou e lle cegou, impedíndolle ver ao peón, mais seguirase o procedemento de investigación correspondente para clarificar as causas do accidente.