Atropelados tres nenos na entrada dun garaxe en Monte Porreiro

Pontevedra
14 de maio 2022
Actualizado: 15 de maio

A Policía Local de Pontevedra informou que ao saír un vehículo do aparcamento non viu aos menores e golpeoulles

Axente da Policía Local
Axente da Policía Local

Tres nenos de 5, 9 e 12 anos de idade foron atropelados este sábado na Rúa Reino Unido, en Monte Porreiro. 

A Policía Local de Pontevedra informou que o accidente se produciu ao redor das 13.15 horas, cando os menores atopábanse preto na entrada dun garaxe, nas proximidades da Ponte das Palabras. 

Segundo o testemuño achegado pola nai dunha das menores atropeladas,"las niñas estaban viendo el paso de los ciclistas de la 4 Picos, haciendo unos carteles para animar, estaba Protección Civil cerca y más gente animando. El coche que las atropello es alto, tipo todoterreno y al salir se fijó en los ciclistas de si venía alguno o no, a ellas no las vio pero no estaban ni delante ni cerca de la puerta del garaje y menos jugando". 

Dous dos nenos resultaron con feridas leves. A nena de nove anos foi a que resultou máis grave.