Atropelan unha ciclista na Ponte de Santiago

Pontevedra
12 de maio 2019

O suceso tivo lugar na tarde deste sábado á altura do paso de peóns. Segundo informaron desde a Policía Local de Pontevedra, a muller sufriu feridas que precisaron o seu traslado en ambulancia ata o Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez  

Atropelo na Ponte de Santiago
Atropelo na Ponte de Santiago / Diego Torrado

Unha muller que circulaba en bicicleta á altura da Ponte de Santiago foi atropelada por un vehículo. O suceso tivo lugar na tarde deste sábado á altura do paso de peóns e o carril bici.

Segundo informaron desde a Policía Local de Pontevedra, a muller sufriu feridas que precisaron o seu traslado en ambulancia ata o Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez.

Estas mesmas fontes precisaron que as feridas tiñan un carácter leve.

Dende a Asociación Pedaladas lembraron que co deste sábado xa se rexistraron catro atropelos nesa intersección polo que entenden que "hai que tomar medidas porque podemos ter un morto nese punto" esixindo á administración competende a que actúe. Neste sentido, Pedaladas asegura que existe desde 2016 unha petición ao Concello.