Augas de Galicia acomete os traballos de limpeza do río Gallo en Cuntis

Umia
01 de marzo 2017

O alcalde de Cuntis aplaude esta decisión despois de terllo demandado á consellería de Medio Ambiente. Deste xeito, o goberno local entende que poden evitarse enchentes con motivo das chuvias

Limpeza do río Gallo en Cuntis
Limpeza do río Gallo en Cuntis / Concello de Cuntis

O alcalde de Cuntis, Manuel Campos Velay, manifestou a súa satisfacción porque Augas de Galicia iniciase, a través dunha brigada de operarios, a limpeza da maleza e doutros materiais que se atopaban nas marxes do río Galo

O goberno local solicitara ao organismo autonómo esta intervención e tamén á Consellería de Medio Ambiente para que se limpase canto antes o leito do río.

Con esta intervención, entenden desde o goberno local, se poden evitar tamén desbordamentos da auga ante a proliferación de choivas.