Augas de Galicia acondiciona as marxes do río Agra, en Portas

Umia
27 de febreiro 2017

Esta actuación, na que se investiron preto de 3.000 euros, consistiu na roza de restos vexetais e polas caídas sobre a canle, así como a retirada dunha cepa para protexer o noiro

Río Agra ao seu paso polo concello de Portas
Río Agra ao seu paso polo concello de Portas

Augas de Galicia realizou os traballos de mantemento e conservación da marxe do río Agra, en Portas.

Esta actuación, na que se investiron preto de 3.000 euros, consistiu na roza de restos vexetais e polas caídas sobre a canle, así como a retirada dunha cepa para protexer o noiro.

Os traballos, que se levaron a cabo durante este mes de febreiro, realizáronse de forma puntual ao longo do treito do río que discorre pola parroquia de Barosa-Briallos.

Con esta actuación, Augas de Galicia pretende mellorar os espazos de dominio público, as zonas de acceso e a protección das marxes dos ríos nas bacías da conca Galicia-Costa.

A importancia destes traballos radica na prevención, mantemento e conservación dos espazos naturais de ribeira coa fin de garantir o equilibrio dos ecosistemas e a calidade dos recursos hídricos de Galicia.