Aumenta o número de participantes no Torneo de Bridge do Liceo Casino

Pontevedra
06 de agosto 2024

A participación chegou ás 60 parellas, das cales, a metade son galegas e resto procedentes de Reino Unido, Portugal, Asturias, Cantabria, País Vasco, Valencia, Aragón Canarias e Madrid

Un grupo de persoas xogando aos naipes
Un grupo de persoas xogando aos naipes

O Liceo Casino de Pontevedra acolle a súa edición número vinte e seis do Torneo de Bridge nas instalacións da Caeira.

Este ano as inscricións ao torneo aumentaron, co que a participación chegou ás 60 parellas, das cales, a metade son galegas e resto procedentes de Reino Unido, Portugal, Asturias, Cantabria, País Vasco, Valencia, Aragón Canarias e Madrid.

En todo caso, aínda non se recuperou o nivel do ano 2019 cando esta competición chegou a reunir a 94 xogadores na Caeira.

O Torneo empezou este luns e terminará hoxe martes contando cun alto nivel de xogadores, máis da metade dos participantes pertencen ás máis altas categorías, mestres nacionais e xogadores de primeira categoría, o resto dos xogadores pertencen á segunda e terceira categoría.

A competición desenvólvese de acordo con o sistema Mitchell, que consta de dúas sesións. A primeira sesión de xogo disputouse o luns e para hoxe está prevista a segunda a partir das 17:00 horas.

Ao terminar o torneo, ao redor das 21:30 horas, ofrecerase un cóctel e procederase á entrega de premios.